viernes, 24 marzo, 2023
viernes, 24 marzo, 2023
InicioCompromisosSELECCION DE CANDIDATOS/AS

SELECCION DE CANDIDATOS/AS

Os/as candidatos/as a facer unha estadía no proxecto Erasmus+ tanto nos propios do centro (CF Superiores e Medios) como nos proxectos da Xunta terán que someterse a un proceso de selección no que a valoración terá en conta os seguintes puntos:

CRITERIOS DE SELECCIÓN DO ALUMNADO

Cada titor con alumnado na preselección convocará o equipo de profesores do ciclo, e emitirán un informe sobre os candidatos, cunha puntuación total posible de 6 puntos, terá en conta os seguintes criterios:

1.   Expediente académico 1º curso

– Nota media de 6 ou menos: 2 puntos

– Nota media de máis de 6 a 7,9: 3 puntos

– Nota media de 8 o más: 4 puntos

4 ptos MAX
2.   Capacidade de adaptación a novas circustancias, madurez, respeto polas normas, empatía, asertividade, e capacidade de integración. 2 ptos MAX

O tribunal formado polo Director, Xefa da Área de Calidade, Orientadora, Vicedirector e Coordinador de Programas Internacionais sumará aós méritos otorgados polo profesorado da titoría, unha nova baremación tendo en conta:

1. Entrevista có/coa candidato/a valorando a madurez, circunstancias persoais e actitude. 1 pto MAX
2. Interese da expansión do programa a novos ciclos, países e linguas 1 pto MAX
3. Capacidade lingüística  do idioma de traballo ou do país de acollida valorada mediante:

– certificación de competencia lingüística.

– probas realizadas no propio centro

– calquera outro método

4 ptos MAX

 No caso de empate a puntos, terán prioridade os estudantes de contornas socioeconómicas menos favorecidas, e aqueles/as que nunca participaron nas mobilidades do Programa Erasmus+

Este tribunal dará o visto bo e  tomará a última decisión no caso de máis solicitudes que movilidades concedidas.

PROCEDEMENTO DE XESTIÓN DO CENTRO EDUCATIVO:

Trala reunión da comisión avaliadora elaborarase a listaxe provisional do alumnado seleccionado e en reserva, por orde de prelación.

Deberá ser publicada (previa sinatura dos membros do comité de selección) no taboleiro de anuncios do centro e na páxina web o día seguinte ao remate da reunión da comisión avaliadora.

Haberá un prazo de 5 días naturais (a partir da publicación da listaxe provisional) para a presentación de reclamacións por parte dos/as solicitantes.

Rematado dito prazo, a dirección do centro resolveraas e elaborará un listaxe definitivo, asinado polos membros do comité de selección que fará público no taboleiro de anuncios do centro e na páxina web.

CRITERIOS DE SELECCIÓN DO PROFESORADO

O comité de selección, en cada proposta de selección de profesorado terá en conta as seguintes valoracións:

1.   Destino no centro MAX 10 puntos
– Destino definitivo no centro (1 pto por año) 1 pto/año
– Sin destino definitivo no centro (0,5 ptos por año) 0,5 ptos/año
2.   Competencias lingüísticas (idioma de traballo ou do país de acollida) MAX 5 puntos
– Certificación de competencia lingüística C1 (5); B2 (4); B1 (3); A2 (2); A1 (1)  —
3. Valoración do proxecto MAX 5 puntos
– Valoración do comité de selección sobre a idoneidade do proxecto presentado polo candidato para a súa aplicación no centro educativo.
4. Participación en convocatorias anteriores
– Non ter participado nas mobilidades Erasmus+ nos dous cursos anteriores 3 puntos
5. No caso de empate a puntos, darase prioridade por sorteo público PRELACIÓN

O tribunal formado polo Director, Xefa da Área de Calidade, Orientadora, Vicedirector e Coordinador de Programas Internacionais (que actuará como secretario do mesmo) sumará os méritos dos/as candidatos/as

Este tribunal dará o visto bo e  tomará a última decisión no caso de máis solicitudes que movilidades concedidas.

PROCEDEMENTO DE XESTIÓN DO CENTRO EDUCATIVO:

Trala reunión da comisión avaliadora elaborarase a listaxe provisional do profesorado seleccionado e en reserva, por orde de prelación.

Deberá ser publicada (previa sinatura dos membros do comité de selección) no taboleiro de anuncios do centro e na páxina web o día seguinte ao remate da reunión da comisión avaliadora.

Haberá un prazo de 5 días naturais (a partir da publicación da listaxe provisional) para a presentación de reclamacións por parte dos/as solicitantes.

Rematado dito prazo, a dirección do centro resolveraas e elaborará un listaxe definitivo, asinado polos membros do comité de selección que fará público no taboleiro de anuncios do centro e na páxina web.

Continuar leyendo